Os cadetes mídense a domicilio ó líder, o Ourense, o sábado ás 10
Os cadetes visitan este sábado ás 10 da mañá ó Ourense, líder sólido da categoría, que só caeu na primeira xornada de liga. Os ourensáns suman sete puntos máis que os nosos, que son segundos.
E a partir dese segundo posto a liga está igualadísima, coa disputa da Fase de ascenso en xogo, polo que, a falta de sete xornadas, os chantadinos saben que é importante sumar. Son conscientes de que non será nada fácil ante un rival que xa os derrotou na ida (1-3), pero irán convencidos de lograr a victoria nun campo onde os locais só cederon catro puntos.
1 comentario:
A semana pasada, a 2º parte foi moi boa "unha de cal", hoxe o partido foi
moi malo "unha de area".Podemos decir que o arbitro "moi chulo", anulou un gol clarmamente legal e
os 2 porteiros estiveron moi desafortunados nos 2 goles.
Pero ahi que ser críticos e analizar o xogo do equipo ; na primeira parte non se xogou o futbol que tenn que facer este equipo "toque, pase e posesion" e na segunda intentouse xogar pero
con precipitación, e tendo menos potencial ofensivo para ganar.
De esto toca aprender e non repetir os errores, e hai que atacar en bloque e non 1 só punta sen apoios. Queda dito aprender
e non baixar o ritmo, que temos que ser campions. PODEMOS-ANIMO
Publicar un comentario