Crónica Cadete B & Ribeiro.
Reflexamos a crónica realizada na páxina do Ribeiro (sen permiso previo, espero que non se incomoden), pois estamos dacordo con todo o descrito nela. Tamén aproveitar para felicitar o Ribeiro polo esforzo realizado durante todo encontro e se seguen así os resultados non tardaran en chegar. A can fraco todo son pulgas Este refrán reflexa exactamente o vivido onte en Salesianos. O equipo non está pasando un dos seus mellores momentos e iso nótase. No partido xogado na mañá de onte os nosos saíron con ganas de cambiar o rumbo que levamos, pero nos atopamos novamente cun resultado negativo aínda que as sensacións son outras moi distintas ás da semana anterior. Comezamos fortes e creamos dúas ocasións moi claras que nos soubemos materializar. Na primeira o disparo de Roberto estrélase no poste cando o meta rival non podía chegar. Na segunda Angel nun man a man co porteiro local dispara e o balón golpe no corpo rival. E claro cando se perdoa págase. E tanto que se paga. O dianteiro vermello dispara a porta baleira e cando o balón vai entrar queda nun charco situado a un metro da liña de gol. Incrible a sorte empézanos a sonreir. Iso é o que pensamos ata que o árbitro pita gol e devólvenos á realidade. O xuíz da contenda debeuse precipitar e dar o gol antes de que entrase porque non hai outra explicación posible. Foi o único erro na primeira parte, pero que erro. Antes do descanso Juanma de tiro afastado en falta directa empata o encontro aloxando o coiro pola escuadra da portería local. Con ese resultado positivo ímonos aos vestiarios. Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Ourense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Ourense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate. Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva. O C.D. Ourense basou a sua vitoria nunha dianteira moi perigosa e un porteiro moi seguro, ben traballado tacticamente e poñendo moitas gañas en todas suas accións. Neste partido a actitude dos nosos foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar. Xogaron polo Ribeiro: Kike, Cani (Xian), Arturo, Dani, Chechu , Juanma (Pablo), Gabri, Izan (Jose), Roberto, Antón e Angel (Iago). Xogaron polo Ourense B: Lema, Sergio, Andrés, Borja, Senen, Adri, Diego, Bruno, Laso, Raúl e Isma. No segundo tempo entraron Ivan, David, Jaime, Jorge e Renan. Pola miña parte so me queda felicitar os rapaces pola victoria conseguida, pero temos que traballar máis duro para mellorar o xogo colectivo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario