CADETE-B: CRÓNICA DUNHA LIGA MOI, MOI CURTA.

Cando se configura un grupo para crear un equipo de fútbol no que as premisas principais son a combinación, toque, triangulación e creación de espazos para prosperar por eles, os comezos non son nada fáciles. Para conseguir un nivel aceptable de cohesión, poder competir con garantías e obter resultados deportivos continuados, precísanse polo menos tres ou catromeses, e de aí en diante. O actual sistema de competición que impuxo a federación é contraproducente para acadar eses obxectivos. Tres meses e medio de competición con varios descansos foi o que durou a nosa liga. Ese sistema é contrario o traballo de base e os métodos actuais de adestramento. O feito de que varios equipos se apunten ó principio e logo non participen, perxudica ós demais e para mi é sancionable coma falta grave. Celanova e Ribadavia non deberían participar encategoría cadete na seguinte tempada.
Nós comezamos sen ter un grupo definido. Eramos, ó principio, 10 (2 porteiros). Todos eles son cadete de primeiro ano. Logo, chegaron as incorporacións, e o equipo formouse na segunda quincena de Setembro, con só 16 xogadores.
No primeiro mes aconteceu algo que ata agora non tiña visto en ningún equipo, nin afeccionado nin profesional: catro lesións graves, isto é fractura de ósos. Subiron varios xogadores de categoría infantil para completar unha convocatoria, e aínda que a súa calidade é indiscutible,- os resultados dos de Pico así o corroboran-, tiñan que xogar contra outros rapaces dous anos maiores, que nalgúns casos lle quitaban dúas cabezas de altura.
Pouco a pouco, recuperamos os xogadores lesionados, fomos coñecéndonos e conxuntándonos e por fin, houbo dous puntos de inflexión cun pesaroso paréntese no medio:
- O primeiro, foi a victoria na casa fronte o Pabellón Promesas, equipo ata daquela invicto, moi traballado tacticamente, que contaba os seus partidos por victorias. A intensidade foi a clave; o xogo de combinación, a consecuencia.
- O paréntese ó que me refiro foron os dous partidos nos campos de terra de Velle e de Maceda. Semella que nos malacostumbramos coas comodidades da nosa nova superficie sintética e que non fomos quen de poñer o mono de traballo e xogar cos Mikasa. Dende aquí quero dar a miña noraboa á directiva de Velle polo seu futuro e flamante novo campo.
- O mes de xaneiro foi o que amosou o potencial real deste equipo. Con tódolos xogadores dispoñibles e boa forma física, comezamos perdendo (para min inxustamente) fronte a un Arrabaldo moi forte e ben asentado. Logo, un empate e dúas victorias, a última a de onte, fronte a Rúa por 9-1, resultado excesivo a todas luces (a sorte tamén é unha aliada de cando en vez). Porén, o nivel técnico amosado neste derradeiro mes pode ser tildado de notable.
Salientar a un xogador sería inxusto. O equipo fixo que todos sobresaíran individualmente. Así é coma debe ser. O que queira destacar el só, velaí ten deportes individuais como o tenis, o xadrez ou a billarda. Ata os en teoría suplentes (só teoría pois de catorce partidos disputados, todos xogaron coma titulares en cinco ocasións coma mínimo) foron determinantes para acadar estes puntos.Debo destacar, para rematar, a calidade humán de tódolos rapaces, o ben que se levan e o disciplinados que son, tanto nos adestramentos coma nos partidos educados e respectuosos cos contrarios, cos adestradores e coas instalacións, manténdoas limpas e ordenadas, feito non moi habitual hogaño, desgraciadamente. Felicidades.
Estes foron os números desta liga moi, moi curta que espero que non se volva a repetir:
Partidos gañados: 6./ Empatados: 2./ Perdidos 6./ Total: 20ptos (7 deles en Xaneiro).
Goles a favor: 43./ En contra: 35. (dif: +8). Posto: 4º.
Xogadores: Porteiros: Adrián e Samuel./ Defensas: Borja, Adri, Manu, Valentín e
Corbal./ Medios: Marcos ©, Diego, Marcelo, Johnny, Cristian, Iván./ Dianteiros: Kevin,David e Jorge.

Ánimo e a por obxectivos maiores: Míchel.

No hay comentarios: