Empate xusto diante do lider
Partido xogado o domingo a mañá no campo do Xestal de terra que segue como sempre, MALComezó o encontro con un minuto de silencio pola morte de Luis Malvido, xogador, adestrador, directivo, árbitro e un amigo. Era unha desas persoas que disfrutan do fútbol en toda-las categoría e idades e que facía disfrutar aos demás. Eu coñecinlle dos tempos en que eu xogaba no Ribadavia Atl. e Luis viña ver algúns partidos pola amizade que tiña co o adestrador de entón Meiriño. Desde ese momento nos teniamos un aprecio especial, aínda que o certo é que era moi difícil non telo con el. Cruzámonos en varias ocasións, como coordinador do fútbol base do Velle ou árbitro de veteranos e sempre de xeito moi cordial. Desde aqui o noso recordo e un abrazo moi grande de todos os que, como el, amamos o fútbol de verdade.
O encontro presentábase moi difícil. Con dous equipos que necesitaban os tres puntos, o Ourense líder da categoría para manter as distancias co segundo clasificado e nos para seguir coas opcións intactas para clasificarnos para a promoción de ascenso.
Esa necesitade notouse moito durante todo o partido cos dous equipos respentándose e sen arriscar máis do necesario.
O fútbol no centro do campo non existía pola falta de control por ambos os equipos. A presión facía perder moitos balóns nos intentos de combinación. Tampouco axudaba o vento, o tipo de balóns ou o terreo de xogo.
O primeiro tempo pasaba sen pena nin gloria fóra dalgunha xogadas illadas que puñan algo de emoción.
Achegabámonos ao descanso cando nunha xogada espectacular de Guille que vai sorteando contrarios desde o centro do campo e cede a Gabri dentro da área que marca o 1-0. O máis dificil fixémolo pero o Ourense en dous minutos empatou o partido ao aproveitar unha indecisión da nosa zaga.
Con este empate fómonos ao descanso.
A segunda parte seguiu da mesma forma aínda que segundo ían transcorrendo os minutos o Ourense achegábase con máis perigo á nosa área, pero alí estaba Brais para desbaratalas, sobre todo en dúas paradas antolóxicas cando os seguidores vermellos cantaban o gol.
Nós achegabámonos nalgunha ocasión aínda que sen moito perigo, fóra dunha en que Aaron puido adiantarnos no marcador.
Ao final reparto de puntos que non alegran nin desgustan a ninguén, xa que os dous equipos manteñen as súas opcións, sen asegurarlas, nos diferentes obxectivos.
Destacar aos catro infantís que axudaron a o equipo a suplir as baixas dos xogadores lesionados aos que mandámoslles unha forte aperta para que se recuperen moi pronto e a noso porteiro Brais, onde o traballo das últimas semanas co Pernas vaise vendo.
Desexar ao Ourense sorte nos seguintes partidos e sobre todo, na fase de ascenso.
O próximo partido xogámonola co Calasancio en Monforte. Un partido moi complicado ante un rival moi difícil que xa nos complicou moito no partido de ida e de que debemos traernos os tres puntos
Xogaron polo Ribeiro: Brais, Borja, Adrián , David, Chechu, Jose, Chispas (Gabriel), Alex (Kevin), Izan (Simón), Gabri e Guille (Aarón)
Xogaron polo Ourense: Lema, Borja, Andres, Aaron, Fraga, Steven, Carrasco, Laso, Antón, Bruno, Jorge, Marcos y Jhoyny
No hay comentarios:
Publicar un comentario