OURENSE 2-3 PONTE

EXCESIVO PREMIO PARA O PONTE NUN ENCONTRO INTENSO
E IGUALADO.
Xogaron: Xian//Marcos, David, Eli ,Héctor// Rodri,Cristian (Adri),Viti// Isma (Antón), Codeso (Balas) e Cris (Jose).
Goles: Eli (2)
Partido xogado en Oira ás 18 h, entre 2 equipos con distintos estilos de xogo,clasificados
en 3º e 9º posto, e con aspiracións a seguir subindo postos na clasificación.
O partido empezou cun futbol especulativo e moi directo ; notábase o respeto entre os 2 equipos
e ningúen se atrevía a levar a iniciativa; o Ponte xogaba en largo , non combinaba no medio campo e intentaba aproveitar a velocidade dos seus dianteiros para crear perigo; existia moita loita por cada balón pero nadie dominaba o xogo e o Ourense non conseguia facer o seu xogo de toque e control, debido a presión do rival.
Nunha xogada o Ponte, cun desplazamento largo gánalle as espaldas a defensa ourensanista , que
impide o remate do dianteiro, agarrandoo pola camiseta e facendo penalti, que logo sería transformado en gol a pesar da boa estirada de Xian que estivo a piques de paralo.
Faltando poucos minutos para o descanso, Viti nunha xogada individual dispara ao traveseiro, e con esta oportunidade remata a primeira parte.
Na segunda metade o Ourense consigue empatar ao executar Eli unha falta directa e batir ao porteiro de tiro forte rozando o traveseiro. Despois deste gol, o equipo local, ten 15 minutos inspirados e fai o mellor futbol, controlando o xogo no medio campo e creando algunhas ocasión claras de gol, destacando un pase interior de Viti que Codeso non logra controlar e o porteiro desbarata esa ocasión perigosa.
Nunha boa xogada do Ponte , centran dende a dereita e un rival cabezea a escadra. Toca remar outra vez contra corrente; Marcos ordena ataque total ,fai alguns cambios tacticos e o equipo busca o empate.
Consiguen varios corners, e nun deles Antón centra , Eli entra a rematar de cabeza e consegue de novo empatar. Cando xa se daba por bó este resultado, pois quedaban menos de 5 minutos para rematar o tempo regramentario, de novo noutro contraataque, gananlle por velocidade á nosa defensa , dan un pase da morte dende a dereita e un xogador pontino marca o definitivo 2-3.
Este resultado non debe afectar o xogo do noso equipo, pois deuse unha boa imaxen,e o equipo sigue mellorando.

Crónica relizada por A.Alvarez

Vídeo realizado por Vidaurre

No hay comentarios: