Xogaron:Xian// Marcos,David, Eli,Héctor (Adríán min.60)// Rodri,Balas (Jose min.41) , Viti // Cris (Codeso min. 50),Cristian,Antón (Ismael min. 41).
Empezou ganando o Porriño nunha xogada moi afortunada, un despexe de Xian pega nun contrario ,o balón queda morto na área e o dianteiro só ten que empuxalo.; esta foi a única ocasión que tivo o equipo local na primeira parte.
O Ourense crea varias ocasións de gol, pero os dianteiros non logran aproveitalas ata que no ultimo minuto, Hector corta un balón da un pase por alto en profundidade e Cristian hábilmente marca de vaselina.Gol moi oportuno e nun momento psicolóxico.
A segunda tamén foi de dominio ourensanista, pero a falta de puntería seguía, e a pesar de ter boas oportunidades nadie consegúia marcar, 2 tiros o pau, 2 boas paradas do porteiro, disparos fora, individualismos que non culminaban en pases a compañeiros desmarcados, etc..., non daba entrado o gol. Nun corner o Porriño, marcaba o segundo gol, ao rematar de cabeza un contrario libre de marca . Increíble , un montón de oportunidades desperdiciadas e perdendo o partido.
Pero o equipo seguia insistindo, adiantando liñas, xogando só con tres defensas, pero o tempo acabábase , so quedaban 2 minutos para o final, e entón por fín xogada na banda dereita,Isma centra e Jose aproveita para empatar.E non foi a última ocasión pois, inda houbo outro tiro o poste.
Un partido moi estresante para os ourensanistas (sobre todo para o adestrador e os aficionados ) ,poidemos perder, poidemos ganar por goleada e finalmente empatamos nos derradeiros minutos.
Crónica realizada por A. Álvarez
No hay comentarios:
Publicar un comentario